Friday 17 de May de 2024

Trenor destaca que 7 concellos de Bergantiños-Costa da Morte recibirán máis de 337.000€ para a mellora de instalacións e material deportivo


― O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron a piscina municipal na que a Xunta investirá máis de 50.000 euros entre o 2023 e 2024 para a reparación de varios elementos neste edificio

― Trenor informou que perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito, a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que será publicada nas vindeiras datas

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitou hoxe a piscina municipal para anunciar un investimento de 50.000 euros para levar a cabo a reparación de varios elementos neste edificio. Trenor informou que esta axuda encádrase dentro dunha nova orde de axudas subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. En total na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron 7 os concellos beneficiados algunha das dúas liñas -instalacións ou equipamentos- ou con ambas as dúas por un importe de máis de 337.000 euros,
O importe total destas axudas ascende en Galicia a preto de seis millóns de euros (5.822.492 euros), dos que 3,4 millóns serán sufragados neste 2023 e os 2,4 restantes en 2024. Do orzamento total, 5 millóns de euros van destinados á liña I -instalacións deportivas- e os restantes 800.000 euros á liña II -material deportivo-.
Trenor informou que o importe das subvencións serán o 80% do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña I -instalacións- e 10.000 euros na Liña II -material-. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria.
Perante o éxito desta convocatoria que provocou que 22 solicitudes de entidades municipais foran desestimadas por esgotamento de crédito (todas elas na liña I de instalacións deportivas), a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir estas e outras novas peticións que rematou o seu prazo de solicitude o pasado 10 de setembro.
Deste xeito, a Xunta de Galicia sacará neste 2023 tres novas ordes plurianuais para instalacións deportivas. Ademais desta primeira orde para concellos de 6 millóns de euros e a segunda, que terá un orzamento de 2 millóns de euros; tamén cómpre destacar a orde para as instalacións de entidades deportivas cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros (sendo executados neste 2023, 600.000 euros). Con todo, o Goberno galego destina neste 2023 preto de 22 millóns de euros para a construción e mellora de instalacións deportivas, o que representa o 50% de todo o orzamento histórico da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que neste exercicio acada máis de 44 millóns de euros.
A provincia máis beneficiada por este nova orde foi A Coruña con 87 axudas para 53 concellos;

AXUDAS COMARCA BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE

LIÑA I
SOLICITANTE DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN ORZAMENTO DA ACTUACIÓN AXUDA CONCEDIDA 2023 AXUDA CONCEDIDA 2024 TOTAL AXUDA
 CORCUBIÓN OBRAS DE MELLORA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL 61.907,75 € 29.131,31 € 20.394,89 € 49.526,20 €
 DUMBRÍA MELLORA ACÚSTICA EN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO 62.487,59 € 29.404,16 € 20.585,91 € 49.990,07 €
 ZAS REFORMA DE INSTALAC. DEPORTIVAS EN ZAS. PISTA MULTIDEPORTIVA…. 68.508,85 € 29.410,00 € 20.590,00 € 50.000,00 €
 CEE RENOVACIÓN PISTA ATLETISMO. CAMPO FÚTBOL MUNICIPAL 82.838,49 € 29.410,00 € 20.590,00 € 50.000,00 €
 A LARACHA ACTUACIÓN REPARACIÓN VARIOS ELEMENTOS PISCINA 133.635,45 € 29.410,00 € 20.590,00 € 50.000,00 €
 VIMIANZO ACONDICIONAMENTO DE PISTA DE ADESTRAMENTO 48.375,80 € 22.763,72 € 15.936,92 € 38.700,64 €
TOTAL LIÑA I COSTA DA MORTE 457.753,93 € 169.529,19 € 118.687,72 € 288.216,91 €
LIÑA II
SOLICITANTE DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN ORZAMENTO DA ACTUACIÓN AXUDA CONCEDIDA 2023 AXUDA CONCEDIDA 2024 TOTAL AXUDA
 CORCUBIÓN ADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE 11.768,62 € 5.537,84 € 3.877,05 € 9.414,89 €
 ZAS ADQUISICIÓN EQUIPAMENTO DEPORTIVO CARDIOVASCULAR PARA XIMNASIO MUNICIPAL 18.148,79 € 5.882,00 € 4.118,00 € 10.000,00 €
 CEE ADQUISICIÓN MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE 12.454,61 € 5.860,64 € 4.103,05 € 9.963,69 €
 VIMIANZO MATERIAL DEPORTIVO 9.234,84 € 4.345,55 € 3.042,33 € 7.387,88 €
 PONTECESO PROTECCIÓN COLUMNAS PAVILLÓNS 2.798,19 € 1.316,72 € 921,84 € 2.238,56 €
 A LARACHA SUBMINISTRO EQUIPAMENTO MATERIAL PARA XIMNASIO 46.881,19 € 5.882,00 € 4.118,00 € 10.000,00 €
TOTAL LIÑA II COSTA DA MORTE 101.286,24 € 28.824,75 € 20.180,27 € 49.005,02 €
TOTAL COSTA DA MORTE 559.040,17 € 198.353,94 € 138.867,99 € 337.221,93 €